version en castellano? versión en castellano ? | version en ingles? english version ? | version accesible versión accesible  

enlace á páxina incial do sitio web de aeFis
aefis.usc.es » Como introducir unha paxina de novas

Cómo introducir unha páxina de novas ou un anuncio nesta páxina web

Para introducir unha páxina de novas ou anuncio nesta páxina web, debes comunicarte co administrador da web quen habilitará un contrasinal temporal para ti. Deberás entonces introducir a seguinte URL no teu navegador:

http://aefis.usc.es/web.php/Galego/Novas-xxxxxxxx

donde debes substituir "xxxxxxxx" por un breve texto que completará a direccion web da páxina que estás a crear. (Importante: é aconsellable que xxxxxxxx non teña espazos, non teña caracteres non-anglosaxones, e non teña acentos).

Ao intentar ir a esa páxina co teu navegador, o noso sistema web ofrecerá a oportunidade de crear esa páxina nova usando o teu contrasinal (ver enlaces ao pé da páxina). O noso sistema presentará entonces ao usuario un cadro de texto no que debes introducir o texto desexado.

Se desexas formatear con ciudado o teu texto, podes empregar a sintaxe PmWiki external link (moi similar á empregada, por exemplo, para escribir na wikipedia). En particular, se desexas adxuntar un arquivo a sintaxe é [[Attach:File/Nomedoficheiro|texto]], onde Nomedoficheiro é o nome do arquivo (incluíndo a súa extension), e texto é o texto que aparecerá enlazando ao arquivo (normalmente algo coma "preme neste enlace" ou similar). Para subir o arquivo en si ao sistema, debes ler a páxina co teu navegador coma se foses un usuario máis, e premer no enlace ao arquivo. O sistema vai entón a presentar unha interfaz para subir o arquivo (usando o teu contrasinal).

É moi importante que non esquezas completar as seguintes operacións:

  • Debes gardar no sistema a páxina despois de escribila, para o cal debes empregar o botón "Save draft" do formulario do sistema web.
  • Debes crear a páxina nos tres idiomas da web (galego, castelan, inglés) para o cal podes usar os enlaces da barra superior (a barra que enlaza ás versións noutros idiomas). Tamén podes facelo dirixindo directamente o teu navegador a:
    • http://aefis.usc.es/web.php/Castelan/Novas-xxxxxxxx
    • http://aefis.usc.es/web.php/Ingles/Novas-xxxxxxxx
    • (importante: debes empregar sempre o mesmo texto para xxxxxxxx, sen traducilo, para que o sistema resolva ben as paxinas web ao cambiar de idioma)
  • Cando remates, contacta de novo ao administrador da web. Él posúe o contrasinal que permite premer o boton "Publish" do sistema. Cando o faga, a páxina aparecerá publicada inmediatamente no noso sitio web (tanto no taboleiro de novas como na "caixa de novas recentes" que aparece na cabeceira de tódalas páxinas).

Nota final: É convinte (aínda que non obligatorio) que introduzas ao principio da páxina (de cada idioma) unha liña coma a seguinte:

(:Description yyyyyyyyyyyy :)

donde yyyyyyyyyyyy é un título descriptivo breve (uns 80 caracteres máximo), o cal será o empregado na "caixa de novas recentes" da web. Este texto debe estar traducido ao idioma correspondente. Pode conter espazos, acentos e caracteres non-anglosaxóns se o desexas.

contacta ao administrador da web          edita esta páxina co teu contrasinal          versión para imprimir

Este sitio web usa direccións dinámicas. Para enlaces e marcadores, empréguese http://aefis.usc.es