version en castellano versión en castellano | version en ingles english version | version accesible versión accesible  

enlace á páxina incial do sitio web de aeFis
aefis.usc.es » Acerca deste sitio web

Actualización dos contidos. En última instancia, para manter actualizada a información presentada neste sitio web é necesaria a implicación dos profesores e estudantes do máster. Se desexas que algunha sección sexa actualizada, se detectas que algún enlace ou outro aspecto do sitio web deixa de funcionar correctamente, ou se tes calquera suxestión, por favor non dubides en contactar co administrador da web

Planéase implementar en breve medios para que a tecnoloxía wiki subxacente ao noso sitio web permita aos profesores do máster introducir cambios e novas páxinas requerindo menos a mediación do administrador do sitio web.

O administrador deste sitio web é na actualidade o profesor M.V. Ramallo, do Departamento de Física da Materia Condensada da USC, a quen tamén correspondeu o deseño e a implementación iniciais.

Aloxamento. Para o aloxamento deste sitio web empregamos os servidores web centrais da nosa Universidade. De acordo coa normativa dos devanditos servidores external link, e as recomendacións do FECYT external link, a dirección de internet da nosa web (http://www.usc.es/posgrao/materiais) é un subdominio da web principal (http://www.usc.es external link) da nosa universidade. Con todo, as dúas direccións constitúen sitios web distintos, con distintos responsables de contidos, administradores, etc.

Accesibilidade para persoas con discapacidade visual. A nosa infraestrutura software xera de forma automática unha versión accesible das nosas páxinas, sen perda de información. A entrada na versión accesible da nosa web pode realizarse desde a cabeceira de calquera das nosas páxinas.

O software encargado da conversión foi desenvolvido por M.V. Ramallo. Está en proceso de avaliación, e en breve licenciarase en dominio público. A elaboración de páxinas web accesibles para persoas con discapacidade visual, total ou parcial, é un proceso laborioso que este sistema simplifica considerablemente, reducindo o traballo dos autores a prácticamente só engadir etiquetaxes identificativas ás súas imaxes e táboas (o cal xa por outros motivos considérase boa praxe de escritura de webs). O sistema xera páxinas en texto de alto contraste e que normalmente superan o test de accesibilidade TAW3 external link con máxima cualificación (triplo-A). En comparación, o habitual neste momento en sitios web mantidos por persoal especializado é un nivel dobre-A en menos da metade das páxinas.

Conformidade coa Guía de Estilo Web da USC. Este sitio web está en conformidade co Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual external link da USC, en particular na súa sección "Guía de estilo do sitio web", vinculante para sitios web institucionais da USC como o noso.

Na versión accesible para discapacitados visuais do noso sitio web deuse prioridade á lexibilidade da páxina antes que ao Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual da USC.









contacta ao administrador da web          edita esta páxina co teu contrasinal          versión para imprimir

Este sitio web usa direccións dinámicas. Para enlaces e marcadores, empréguese http://aefis.usc.es