• Welcome and introduction
Notice board
Accesos directos
• Univ. of Santiago USC
This page has been visited
|
Latest news and announcements
• Benvidos á web da Agrupación Estratéxica de Física AEFISAeFis é unha agrupación composta por 56 investigadores da Universidade de Santiago e 5 da Universidade de Vigo, que ten como obxectivo potenciar a actividade investigadora dos seus membros por medio da búsqueda e fortalecemento activo das sinerxias e as colaboracións mutuas. Logo da súa constitución en decembro de 2015, AeFis foi unha das catro novas agrupacións estratéxicas de investigación escollidas para receber financiación específica pola Xunta de Galicia (vía a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria). A financiación total ascende a 500mil euros (para tres anualidades). As actividades de AeFis concernen principalmente ao fortalecemento das actividade investigadoras dos seus mebros tanto no concernente ao apoio a investigacións xa en curso como no plantexamento de novos proxectos de investigación conxunta, buscando o aliñamento coas convocatorias públicas (rexionais, nacionais e internacionais) e as oportunidades de transferencia privadas. AeFis busca tamén facilitar progresivamente unha xestión máis coordinada da infraestructura experimental (laboratorios de medida, etc.), computacional (clusters de ordenadores, etc.), así como do establecemento de servizos comúns de xestión da investigación (técnicos de solicitude e de xestión de proxectos, etc.). Igualmente aspira a axudar, con caracter xeral e dentro das posibilidades reais, a todas aquelas actividades que resulten máis eficientes se son desenvolvidas nun contexto de cooperación entre os distintos investigadores e/ou grupos que forman parte de AeFis (bolsas para estudantes de máster, etc.) Os investigadores de AeFis organízanse á súa vez en dúas unidades científicas principais, a de Investigación en Partículas e Núcleos e a de Investigación en Materiais e Fotónica. A súa composición en detalle pode consultarse nesta páxina. |
This website uses dynamic addresses. For links and bookmarks, use the address http://aefis.usc.es